Sunday 05 de May de 2024

A falla dun mes para concluír o prazo de presentación de obras para o quinto Concurso de Novela Curta de Riveira


Falta exactamente un mes para que finalice o prazo de presentación de obras para o quinto Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira, unha proposta literaria de carácter bienal que xe está consolidado como un dos certames literarios de referencia na promoción e impulso da na nosa lingua materna.

As bases de participación son as seguintes:

1.- Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia, cun único traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica aprobada pola RAG en 2003) de temática libre, orixinal e inédito.

2.- A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 140.000 caracteres, presentarase por quintuplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a e cun lema ou pseudónimo, empregando o sistema de plica e debendo ademais incorporar un CD co arquivo dixital do texto.

3.- A plica deberá conter no seu interior os datos do autor/a e fotocopia de identificación (DNI/ Pasaporte), así como declaración xurada de aceptación das bases do certame e de que a obra presentada é orixinal do/a autor/a e inédita.

4.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o 23 de marzo de 2015, aniversario da concesión do Título de Cidade a Riveira pola S.M. o Rei Alfonso XIII en 1906.

5.- Os traballos, citando “V Concurso Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira”, remitiranse a: Concello de Riveira, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Praza do Concello, s/n, 15960, Riveira, A Coruña, España.

6.- Establécese un Primeiro e Único premio de 3.000,00 €, diploma conmemorativo e publicación da obra, que será realizada por Edición Xerais de Galicia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

7.- O/A autor/a terá que recoller persoalmente o premio na data, lugar e hora que sinale a organización do certame, a non asistencia, ou delegación sen que estea debidamente xustificada por causa maior, suporá a renuncia a este.

8.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que non quedará deserto. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura a educación e as letras galegas e emitirá publicamente o seu veredicto no mes de maio de 2015, coincidindo coa programación do Maio Cultural e Letras Galegas que organiza este concello.

9.- O acto de entrega do premio terá lugar, preferentemente, no mes de maio de 2015, do cal se dará conta anticipadamente aos medios de comunicación e ás persoas interesadas. A publicación e presentación da obra gañadora será entre os meses de marzo e maio de 2016, acto no que tamén se convocará a VI Edición do certame.

10.- Os traballos non premiados serán destruídos vinte días despois do veredicto, polo que a súa reclamación farase persoalmente e con identificación no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, durante ese prazo.

11.- O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das devanditas bases.